A Asociación
Galega de Asmáticos e
Alérxicos (ASGA) nace coma unha
organización sen ánimo de
lucro no ano 1986 na cidade de A
Coruña (España) debido ás
inquedanzas dun variado grupo de
persoas: doentes, especialistas
da Unidade de Alerxia do
Complexo Hospitalario Juan
Canalejo de A Coruña, e
familiares dos doentes, para
contribuir a loita contra o Asma
e as Enfermidades Alérxicas
dende diferentes olladas:
científica, médica, e social.
Ó longo dos
anos, a nosa Asociación
facilitou unha amplia
información ós doentes e ó
público en xeral, estando
recoñecida pola Xunta de
Galicia coma unha Entidade
Prestadora de Servicios.
Na
actualidade, seguimos nesa liña
de traballo, organizando
charlas-coloquio, establecendo
Programas de Educación e Ayuda
ós doentes e realizando
campamentos de verán para nenos
e nenas asmáticos/as, actuando
a prol do cumprimento da nosa
función social.
- Información completa,
asequible e rigurosa sobre o
Asma e as Enfermedades
Alérxicas para os doentes e
para os seus familiares.
- Educación e Formación
dos doentes na Prevención
do Asma e a Alerxia como
base fundamental do
tratamento.
- Órgano de representación
dos intereses dos asmáticos
e alérxicos ante as
institucións.
- Mellora da Calidade de
Vida dos doentes asmáticos
e alérxicos compartindo
iniciativas coas outras
asociacións de doentes a
nivel tanto nacional como
internacional.